A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, anunciou hoxe a posta en marcha dun Plan Especial para anticipar 150 millóns de euros de recadación, 70 o ano que ven e 80 en 2012, sen subir impostos, grazas a unha redución dos tempos de tramitación dos expedientes dos Impostos sobre Transmisión Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD) e sobre Sucesións e Doazóns (ISD).
A conselleira de Sanidade explicou no Parlamento de Galicia o esforzo realizado pola Xunta no apoio ás políticas sociais, ás que adica o 75% do total do orzamento