A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, salientou hoxe que Galicia será pioneira en contar cunha Lei de Disciplina Orzamentaria, que limitará o gasto non financeiro cando o PIB real supere o 2,5%, o que permitirá garantir a sostibilidade financeira dos servizos públicos.
A conselleira de Facenda salienta que son unha contas "sociais, solventes e realistas". Fernández Currás resalta que cumpren os compromisos de "estabilidade orzamentaria" e manteñen o seu carácter "social".