Consellería de Facenda
Saúda da conselleira

Galicia é hoxe unha comunidade fiable para os investidores, para as entidades financeiras, que cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria e que paga antes que ninguén aos seus provedores.

Levamos dous anos cunhas restricións orzamentarias sen precedentes, pero nos dous primeiros trimestres deste ano o PIB autonómico recuperou taxas positivas e medrou o dobre que o da media española.

Hoxe afrontamos dificultades todas as administracións para facer fronte a unha crise que se prolonga máis do desexable. Por iso, para o vindeiro ano elaboramos uns orzamentos realistas, austeros e solidarios, axeitados ao momento de dificultade que estamos a vivir.

Así , axustamos un 10% o noso orzamentos en 2011, blindando a prestación dos servizos públicos fundamentais: a sanidade, a educación e os servizos sociais.

Incrementamos ata un 75% o peso do gasto social e tres de cada catro euros dos galegos irán para garantir o Estado do Benestar.

En investimentos reorientamos o gasto público para priorizar aqueles máis necesarios e máis rendibles desde o punto de vista económico e social.

A pesar destas restricións orzamentarias esperamos que Galicia poida encarar a senda do crecemento en 2011 e sentar as bases dun novo modelo económico que mellore a competitividade da comunidade. Estou segura de que co esforzo compartido de todos sairemos adiante reforzados.

:: Marta Fernández Currás
:: Marta Fernández Currás
 
Temas relacionados
  • Ir a presentación Orzamentos 2011
  • Ir a Plan Estratéxico 2010-2014
  • Ir a Orzamentos 2010
Xunta de Galicia
Pode suscribirse ás novidades desta web Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds
© Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Facenda
Aviso legal | Antendémolo/a