Taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición
Ademais do certificado dixital, para o emprego destas aplicacións cómpre ser previamente autorizado pola Consellería de Facenda.
Nesta páxina web está á súa disposición a ficha para a identificación das persoas que, en calidade de usuarios autorizados van acceder á nosa aplicación informática e o modelo de solicitude de autorización para o pagamento e a presentación telemática da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición. Cando as persoas autorizadas actúen en representación da empresa operadora deberá aportar a documentación acreditativa da representación. Unha vez cubertos ambos documentos deberán remitirse á Axencia Tributaria de Galicia. Poderán ser adiantadas por fax ao número 981-544169.
Ficha para a identificación de usuarios autorizados.
- Datos do suxeito pasivo
- Denominación social
- NIF
- Domicilio
- Teléfono de contacto
- Dirección de correo electrónico
- Datos dos usuarios autorizados:
Compre que o/s usuario/s sexa/n o/s que figure/n como representante/s no/s certificado/s dixital/is outorgado/s pola Fabrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) á empresa titular da sala. Para a realización do pagamento cómpre así mesmo, que esta/s persoa/s aparezan como autorizada/s da/s conta/s contra a/s que se van facer os pagamentos.
- Nome e apelidos
- NIF
- Teléfono de contacto
- Dirección de correo electrónico
- Sistema operativo co que traballa o usuario.
- Datos do responsable de informática:
Se dispuxeran de algún responsable de informática co que desexen que se traten os problemas desta natureza, deberán indicar os seus seguintes datos:
- Nome e apelidos
- NIF
- Teléfono de contacto
- Dirección de correo electrónico
Documentos asociados
- Ficha para a identificación de usuarios autorizados (Formato RTF)
- Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento telemático e a presentación telemática das autoliquidacións dos tributos sobre o xogo de apostas deportivas e de competición. (Formato RTF)