Consellería de Facenda
Actualidad
Martes, 24 de Mayo de 2011 14:30
GALICIA SERÁ A PRIMEIRA COMUNIDADE CUNHA LEI DE DISCIPLINA ORZAMENTARIA PARA GARANTIR A SOSTIBILIDADE FINANCEIRA DOS SERVIZOS PÚBLICOS
  • A conselleira de Facenda pretende que os recursos extraordinarios financien investimentos produtivos ou amorticen débeda e non se dediquen a gasto estrutural
  • Contrapón a cooperación de Galicia co resto do Estado para avanzar na estabilidade fronte ao incumprimento do Goberno central co financiamento autonómico
  • Enmarca esta iniciativa na autonomía financeira de Galicia e na lealdade institucional
  • Permitirá fixar xa este ano un teito de gasto para asignar os recursos dentro do enfoque do Plan Estratéxico 2010-2014-Horizonte 2020
  • Lembra que só dúas comunidades autónomas, Galicia e Madrid, cumpriron os dous últimos ano o obxectivo de estabilidade orzamentaria

Santiago, 24 de maio de 2011- A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, salientou hoxe que Galicia será pioneira en contar cunha Lei de Disciplina Orzamentaria, que limitará o gasto non financeiro cando o PIB real supere o 2,5%, o que permitirá garantir a sostibilidade financeira dos servizos públicos.

GALICIA SERÁ A PRIMEIRA COMUNIDADE CUNHA LEI DE DISCIPLINA ORZAMENTARIA PARA GARANTIR A SOSTIBILIDADE FINANCEIRA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Fernández Currás, que presentou no Parlamento este proxecto de Lei, cualificou de oportuna esta medida para garantir o financiamento, en épocas de recesión, dos servizos públicos ante unha limitación da posibilidade de acudir ao déficit público como solución, así como para manter a débeda pública en límites prudentes.

A titular de Facenda, que enmarcou este proxecto na autonomía financeira de Galicia e na lealdade institucional, sinalou que un dos obxectivos é que os recursos extraordinarios non financien gasto estrutural, senón que se dediquen a investimentos produtivos ou a amortizar débeda.

Marta Fernández Currás explicou que por iso o Goberno galego afronta esta iniciativa lexislativa, que permitirá aos futuros conselleiros de Facenda evitar unha situación financeira tan complicada como a que herdou ela.

Así, lamentou que durante o anterior Goberno o gasto non financeiro crecese constantemente por riba do PIB nominal e lembrou que de terse aplicado esta regra fiscal hoxe Galicia tería 2.000 millóns de euros menos de débeda, menos gasto burocrático, menos estrutura e aforraría 400 millóns de euros durante a lexislatura en custes financeiros, que se poderían destinar a outras políticas públicas máis produtivas como son as políticas sociais.

A conselleira enmarcou esta iniciativa na autonomía financeira de Galicia en un exercicio de responsabilidade e de lealdade institucional e avanzou que a futura norma permitirá fixar xa este ano un teito de gasto non financeiro para os orzamentos de 2012 para asignar os recursos dentro do enfoque do Plan Estratéxico 2010-2014-Horizonte 2020.
Cooperación entre administracións Fernández Currás tamén demandou unha política de cooperación entre administracións para poder cumprir cos compromisos, xa que lembrou que nos dous últimos anos só dúas comunidades, Madrid e Galicia, cumpriron o obxectivo de estabilidade orzamentaria.

Neste senso, insistiu na necesidade de recuperar esa cultura cooperativa e a lealdade institucional como principio básico de actuación e engadiu que o primeiro paso que debe dar o Goberno central deber ser o cumprimento do sistema de financiamento autonómico, xa que Galicia ten reclamado 805 millóns de euros derivado deste incumprimento.

A conselleira indicou que non se pode avanzar no camiño da estabilidade desprazando déficit da Administración central ás comunidades autónomas porque considera que non é responsable nin traerá ningunha boa noticia para economía. Desta forma, concluíu o primeiro paso é o respecto ao principio constitucional como é o de autonomía financeira.

Vídeo relacionados

 
Temas relacionados
  • Ir a presentación Orzamentos 2011
  • Ir a Plan Estratéxico 2010-2014
  • Ir a Orzamentos 2010
Xunta de Galicia
Puede suscribirse a las novedades de esta web Puede suscribirse a las novedades de esta web con un lector de feeds
© Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Facenda
Aviso legal | Le atendemos