Actualidade

[Nova2013]MUÑOZ FONTERIZ DESTACA QUE OS ORZAMENTOS PARA 2013 DEMOSTRAN QUE GALICIA TEN UN PROXECTO SÓLIDO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA

MUÑOZ FONTERIZ DESTACA QUE OS ORZAMENTOS PARA 2013 DEMOSTRAN QUE GALICIA TEN UN PROXECTO SÓLIDO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA

Santiago, 26 de febreiro de 2013.- A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, destacou que os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2013 aprobados hoxe no Parlamento demostran que o Goberno galego ten un proxecto sólido para acadar a reactivación económica, e cun obxectivo claro de garantir a prestación dos servizos públicos.

Na súa intervención no Pleno de peche dos orzamentos, a titular de Facenda destacou que Galicia contará cuns presupostos que teñen como prioridade que sexa a primeira comunidade que retoma a senda do crecemento, e lembrou que as contas foron elaboradas no menor tempo posible. Ademais, son unhas contas responsables, prudentes e adaptadas á realidade, coas que Galicia seguirá sendo "un referente de comunidade solvente", sinalou.

Muñoz Fonteriz lembrou que os orzamentos garanten o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, e tamén cumpren o teito de gasto aprobado polo Parlamento. Ademais, destacou que Galicia rebaixará á metade o novo endebedamento da comunidade preservando as políticas básicas, como sanidade, educación e servizos sociais.

A titular de Facenda explicou que, fronte á ausencia de propostas realistas por parte dos grupos da oposición, os orzamentos inclúen unha política tributaria baseada na loita contra a fraude fiscal, unha política de eficiencia no gasto público, un control do endebedamento e un apoio á internacionalización, o emprendemento e o reequilibrio territorial. "Estamos convencidos de que este orzamento é o máis axeitado para afrontar a complicada realidade que estamos a vivir", sinalou.

Dar un paso máis
Elena Muñoz Fonteriz apelou ao consenso entre os grupos parlamentarios para que Galicia afronte a actual conxuntura económica e encare antes o crecemento. "Agora temos que dar un paso máis e ser capaces entre todos, Goberno e oposición, de sumar esforzos", indicou.

A conselleira incidiu en que este "é o momento de sumar, non de dividir", e destacou que as enmendas incluidas na tramitación parlamentaria enriqueceron os orzamentos. Tamén mostrou a súa confianza en que os presupostos serán útiles e poderán ser empregados para mellorar a vida dos galegos e galegas.


Temas relacionados