Actualidade

  • MEDIO RURAL E MAR DESTINARÁ 96 MILLÓNS DE EUROS A ACCIÓNS PREVENTIVAS E DE INFRAESTRUTURAS FORESTAIS
    Rosa Quintana compareceu hoxe no Parlamento galego para dar conta dos orzamentos do seu departamento para o 2014
    •  Esta partida enmárcase na función principal deste orzamento, que é dinamizar a economía do medio rural e para iso destina máis do 50% do global, cun total de 307,9 millóns de euros
    • No reforzo ao sector primario, Rosa Quintana destacou a aposta por modernizar e diversificar o tecido produtivo ao que se destinarán 79,7 millóns de euros e o pulo ás infraestruturas pesqueiras, cunha alza do 128% no orzamento
    • No eido da comercialización salientou o apoio de 13,6 millóns de euros á mellora da calidade da produción agroalimentaria e o incremento de case un 62% dos fondos para o desenvolvemento de novos mercados e as campañas de produtos do mar
    • Os orzamentos blindan servizos básicos como o operativo contra incendios forestais, o servizo de Gardacostas e o labor do Intecmar
    • Medio Rural e Mar disporá para 2014 dun orzamento total de 583 millóns de euros
  • SANIDADE MANTÉN PARA 2014 PRACTICAMENTE O MESMO ORZAMENTO QUE NO ANO 2013
    • Son os orzamentos máis sociais da Xunta, con preto dun 80% destinado aos servizos sociais e un 40,5% da capacidade de gasto dedicado a Sanidade
    • Dentro das actividades de promoción da saúde e prevención da enfermidade, os programas de vacinación e cribado contan con 13,4 millóns de euros
    • Para a prevención das adiccións e do VIH destínanse outros 11,5 millóns de euros
    • Sanidade dedica 88 millóns de euros a dotar de tecnoloxía moderna e resolutiva aos centros, utilizando o socio tecnolóxico, unha fórmula de xestión que permite sacar o mellor rendemento a cada euro investido
    • O orzamento de 2014 incrementa os recursos no capítulo VI ata superar os 122 millóns de euros para investimentos produtivos
    • Dos 3.326 millóns de euros de orzamento do Sergas, case o 44% (1.466 millóns) están destinados aos profesionais
  • TRABALLO E BENESTAR PRIORIZA NOS SEUS ORZAMENTOS DE 2014 A ATENCIÓN Á DEPENDENCIA, Á DISCAPACIDADE E Á INCLUSIÓN
    • A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, compareceu hoxe no Parlamento galego para explicar as contas desta área de cara ao próximo ano
    • Destacou tamén que se mantén o orzamento destinado a formación, con máis de 63 millóns de euros, e o compromiso con autónomos e emprendedores, con 25 millóns 
    • A Renda de Integración Social de Galicia (RISGA)volve aumentar e crece ata os 39,7 millóns de euros, un 21,4 por cento máis que no orzamento de 2013
    • A área de dependencia concentra os maiores esforzos, e representa o 56,8 por cento do total do investimento social da Consellería
    • A partida dirixida ás persoas con discapacidade increméntase nun 5,8 por cento e fará especial fincapé na procura da inserción social e laboral
    • En familia e infancia, a práctica totalidade das medidas previstas enmárcanse no Plan para a dinamización demográfica, entre as que destaca o investimento en escolas infantís de 25,5 millóns
  • A APOSTA DA CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN POLA POLÍTICA SOCIAL PERMITE QUE O 83,1% DOS USUARIOS TEÑAN O COMEDOR GRATIS OU PAGANDO TAN SÓ 1 EURO NUN ESCENARIO DE CRISE ECONÓMICA
    • Xesús Vázquez Abad presentou hoxe no Parlamento de Galicia os orzamentos do seu departamento para o ano 2014
    • A ampliación das prazas de comedor, o mantemento do servizo de transporte e dos gastos de funcionamento dos centros públicos son exemplo do compromiso da Consellería co ensino público
    • Continúa blindado ademais o cumprimento do Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia
Mostrando o intervalo 9 - 12 de 14 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4
Temas relacionados