Actualidade
  • A XUNTA DESTINARÁ 30 MILLÓNS DE EUROS AO PLAN DE VALORIZACIÓN DO MONTE GALEGO
    • A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, compareceu hoxe no Parlamento galego para dar conta dos orzamentos do seu departamento para o 2013
    • Fixou como obxectivos prioritarios aproveitar as potencialidades da pesca destinando especificamente 24,5 millóns de euros a axudas e investimentos en comercialización dos produtos do mar 
    • No tinxinte ao sector gandeiro, afirmou que continuará no camiño de desenvolver un traballo conxunto co sector en prol de seguir incrementando o valor do leite para garantir a súa viabilidade
    • As contas de Medio Rural e Mar para 2013 ascenden a 627 millóns de euros, cun axuste porcentual do 1,3% respecto á pasada anualidade
    • Os orzamentos blindan servizos básicos como o operativo contra incendios forestais ou o servizo de Gardacostas
  • MUÑOZ FONTERIZ SUBLIÑA QUE OS ORZAMENTOS PARA 2013 ATENDEN O PRESENTE, REACCIONAN ANTE A CRISE E BUSCAN GARANTIR O FUTURO

    A conselleira de Facenda asegura que as contas se adaptan á conxuntura actual e sentan as bases para que Galicia sexa das primeiras en recuperar o crecemento

    • A titular de Facenda salienta que o control do endebedamento permite a Galicia achegar 70 millóns de euros máis a gasto produtivo e non a o pagamento de xuros
    • Resalta que colocou todo o endebedamento autorizado no mellor momento posible e cuns tipos de xuro moi competitivos, inferiores aos que conseguen outras CC.AA.
    • Atribúe ao control do déficit público que Galicia teña unha situación financeira mellor que o resto de autonomías
    • Sinala que nun momento de dificultades económicas a Xunta preserva a sanidade, a educación e os servizos sociais, que aglutinan case 8 de cada 10 euros do gasto
    • Afirma que unha vez blindada a prestación destes servizos esenciais, as contas buscan conseguir, no menor tempo posible, unha senda de crecemento
Mostrando o intervalo 13 - 14 de 15 resultados.
Resultados por páxina 2
de 8
Temas relacionados