Actualidade
  • A CONSELLEIRA DE SANIDADE OFRECE UN PACTO POLA SANIDADE A TODOS OS AXENTES IMPLICADOS
    • A Consellería impulsará a estratexia galega de atención á cronicidade e avanzará cara a un modelo máis orientado á prevención
    • Rocío Mosquera destaca no Parlamento o papel protagonista que terán nela os profesionais de Atención Primaria e, en especial, a enfermería
    • Impulsaranse medidas para reforzar a capacitación dos cidadáns co obxectivo de  promover os estilos de vida saudables, a autonomía e o autocoidado
    • O impulso á xestión clínica permitirá que os profesionais asuman o liderado na toma de decisións e no uso efectivo e eficiente dos recursos
    • Seguirase apostando pola xestión integrada, ferramenta imprescindible para conseguir unha atención integral e manter a eficiencia asistencial 
    • Fomentarase un modelo de innovación aberto a profesionais, usuarios e a todos os axentes implicados
  • BENESTAR TRAMITARÁ ESTE ANO A EXECUCIÓN DE 2.100 NOVAS PRAZAS DE ESCOLAS INFANTÍS 0-3 ANOS
    • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, compareceu hoxe no Parlamento galego para dar conta dos orzamentos do seu departamento para o 2013
    • Explicou que este ano está previsto a tramitación de 2.100 prazas, que xa están asinadas en convenios, das que 700 estarán rematadas antes de que finalice o ano
    • O compromiso coa posta en marcha de novas prazas de educación 0-3 forma parte da aposta decidida da Xunta de Galicia pola dinamización demográfica
    • En total, a Consellería de Traballo destina este ano 51,5 millóns de euros á inclusión social, un 26 por cento máis que no exercicio anterior
    • En materia laboral, increméntase nun 1 por cento (25 millóns de euros) a partida para emprendedores e autónomos
    • Investiranse 2,1 millóns de euros no programa Empreganav, que prevé recolocar a 450 desempregados do sector naval
    • Crearase tamén a Rede galega de orientadores, formada por 452 profesionais; e aumentarase nun 8 por cento o investimento en incentivos á contratación na empresa ordinaria
Showing 11 - 12 of 15 results.
Items per Page 2
of 8
Temas relacionados