Actualidade
  • OS ORZAMENTOS DA VICEPRESIDENCIA PARA 2013 APOSTAN POLA EFICIENCIA E A COOPERACIÓN PARA REFORZAR OS SERVIZOS PÚBLICOS
    • Rueda avanza que o Goberno galego seguirá a apostar pola cooperación municipal e apoiará aos concellos que se fusionen alomenos durante os 10 primeiros anos
    • Recóllense partidas no Plan de Infraestruturas Xudiciais para continuar co edificio xudicial de Ourense e iniciar as obras en Coruña e Pontevedra
    • Galicia contará en 2013 cunha rede de 25 parques comarcais de bombeiros e o persoal da Policía Autonómica achegarase por vez primeira aos 500 efectivos
    • A Secretaría Xeral de Igualdade incrementa os recursos para conciliación, loita contra a violencia de xénero e o sostemento dos CIM
  • MEDIO AMBIENTE CONTARÁ EN 2013 CUNS ORZAMENTOS QUE PERMITIRÁN DISPOÑER NESTA LEXISLATURA DE 100 NOVOS KMS DE VÍAS DE ALTAS PRESTACIÓNS
    • No eido das infraestruturas viarias, blindaranse o mantemento da rede de estradas e o Plan de Vialidade Invernal, cun incremento do 31% con respecto ao 2012
    • Hernández concretou que nesta lexislatura será prioritario o remate de obras en marcha como a Terceira Rolda, Vía Ártabra ou a Autovía da Costa da Morte
    • Os orzamentos de Augas de Galicia rexistran un aumento de 1,2 millóns de euros respecto aos axustados do ano 2012, en coherencia coa blindaxe do investimento de infraestruturas hidráulicas, especialmente no eido do saneamento e depuración
    • Agustín Hernández explicou que en materia de vivenda farase o máximo esforzo posible na rehabilitación, iniciaranse novas actuacións no eido dos inmobles de promoción pública e promoveranse medidas para o fomento do aluguer
    • No sector de medio ambiente, continúa o avance no Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia, destinándose 3 millóns de euros para puntos limpos, ademais do apoio a concellos na xestión de residuos para a supresión total dos vertedoiros
    • A Consellería de Medio Ambiente incidirá no fomento da mobilidade completando os plans de transporte metropolitano das grandes cidades, avanzando na rede de aparcadoiros disuasorios e mellorando as estacións de autobuses
Mostrando o intervalo 7 - 8 de 15 resultados.
Resultados por páxina 2
de 8
Temas relacionados