Actualidade
  • JAVIER GUERRA REITERA O COMPROMISO CO TECIDO INDUSTRIAL E EMPRESARIAL GALEGO CUNS ORZAMENTOS QUE APOSTAN POLA MELLORA COMPETITIVA, A INTERNACIONALIZACIÓN E A INNOVACIÓN

    • As contas de Economía e Industria para 2012 están orientadas á consecución dun obxectivo principal: "impulsar a senda do crecemento cunha adecuada política industrial e económica que nos permita incrementar o investimento na nosa comunidade que xere riqueza e cree emprego"
    • O conselleiro destacou na súa comparecencia a importancia de "ser capaces de artellar unha Galicia forte e dinámica desde o punto de vista empresarial e industrial"
    • Entre as claves do Goberno galego segue a estar a internacionalización como "unha das opcións de futuro máis importantes para a nosa comunidade"
    • As medidas recollidas nos orzamentos contemplan a redución dos gastos correntes do Igape, que dedica un 20% máis do seu presuposto aos investimentos
    • A mellora e modernización da industria, o respaldo ao comercio de proximidade e aos sectores estratéxicos da nosa economía –textil, naval ou automoción– continúan a ser unha prioridade da Consellería
  • OS ORZAMENTOS DE EDUCACIÓN GARANTEN UN SISTEMA EDUCATIVO SOSTIBLE A PESAR DA CRISE

    • A pesares da crise a maioría dos capítulos experimentan incrementos e Educación volve a gañar peso no conxunto das contas autonómicas
    • A Xunta reafirma o peso da educación nos orzamentos, á que lle dedica máis de 1 de cada 4 euros
    • Plurilingüísmo, Universidade, loita contra o abandono e axudas ás familias e estudantes constitúen os maiores esforzos e incrementos para 2012

    Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2011.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe no Parlamento de Galicia uns orzamentos centrados en evitar que a crise económica afecte á calidade do ensino do que se están a beneficiar as familias galegas, "co fin de blindar para este novo exercicio o gasto educativo entendido, por suposto, como investimento para o noso futuro", sinalou.

Mostrando o intervalo 9 - 10 de 19 resultados.
Resultados por páxina 2
de 10
Temas relacionados