![](/orzamentos-theme/images/flechas_abajo.gif)
-
RUEDA DESTACA QUE OS ORZAMENTOS DE 2012 BLINDAN O GASTO EN XUSTIZA E A DOTACIÓN PARA EMERXENCIAS
- A Consellería de Presidencia outorga un papel central e preponderante a dotar de medios á Xustiza e a mellorar a resposta ante as emerxencias
- O conselleiro destaca o esforzo por conter o gasto corrente, reducindo un ano máis o gasto interno da propia Administración
- Garantir unha axuda transitoria para Galicia para o vindeiro período seguirá a ser o obxectivo central da Dirección Xeral de Relacións Exteriores
- Renóvase o compromiso coa Administración local e apóstase por aumentar as posibilidades de xestión compartida de servizos municipais
-
HERNÁNDEZ PRESENTA UNS ORZAMENTOS PARA O ANO 2012 QUE PERMITIRÁN REMATAR ACTUACIÓNS EN MÁIS DE 150 QUILÓMETROS DE ESTRADAS E CONTINUAR CO ESFORZO NO SANEAMENTO DAS RÍAS
- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas disporá dun investimento de 1.187 millóns de euros, dos que 1.042 corresponden a investimento produtivo
- O orzamento da Consellería "tratará de aproveitar ao máximo o capital dispoñible para asegurar a dotación das infraestruturas e garantir a solvencia e a sostibilidade do sector público "
- Dende o ano 2009 a Consellería fixo un importante esforzo por priorizar o gasto produtivo, reducindo en máis de 70 millóns de euros (un 45%) o gasto corrente