Actualidade
  • TRABALLO E BENESTAR BLINDA EN 2012 A ATENCIÓN ÁS PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN, PROMOVE O AUTOEMPREGO E CREA NOVAS PRAZAS DE 0-3 ANOS

    • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, deu hoxe conta en comisión parlamentaria das contas do departamento autonómico de cara a 2012
    • Mato sinalou que o orzamento global desta área autonómica de cara ao ano que vén ascende a uns 920 millóns de euros
    • Cualificou as contas de "realistas, responsables, austeras e, sobre todo, solidarias"
    • Destacou o aumento do financiamento da RISGA, nun 4,4 por cento, que ademais figura como "crédito ampliable"
    • Pola súa banda, o financiamento da dependencia superará en 2012 os 361 millóns de euros, o que supón 2 millóns de euros máis que este ano, un 3,1 por cento mais
    • As contas permitirán manter, con niveis orzamentarios de 2006, a totalidade das prazas sociais existentes -11.000 máis que en 2006-, que inclúen as 5.000 creadas no que vai de lexislatura; ao tempo que permitirán crear novas prazas no próximo exercicio
    • Na área laboral, aumenta o orzamento destinado aos autónomos, que pasa de 27 a 28 millóns de euros; e refórzase a aposta polas cooperativas que teñen demostrado unha especial resistencia á crise
    • Presérvase tamén a partida de axudas ao emprego para persoas con discapacidade, con preto de 15 millóns de euros
  • O ORZAMENTO DA CONSELLERÍA DO MAR SUBE UN 1,7% ATA OS 178,6 MILLÓNS DE EUROS PARA O ANO 2012
    • Rosa Quintana salienta o compromiso co sector, un eido no que se incrementan as transferencias nun 4,2% , e 8 de cada 10 euros irán destinados a este fin, mentres se reducen os gastos correntes no 1,5%
    • A consignación orzamentaria para a acuicultura e a mitilicultura duplícase ata acadar preto de 30 millóns de euros para impulsar investimentos que xeren riqueza e emprego
    • A loita contra o furtivismo incrementa a súa partida coa incorporación de 22 veterinarios e para a operatividade dos buques e helicópteros empregados a tal fin
    • O novo modelo de marisqueo para o aproveitamento das zonas C será unha das prioridades
Mostrando o intervalo 13 - 14 de 19 resultados.
Resultados por páxina 2
de 10
Temas relacionados