Volver ao contido

Información para Usuarios autorizados na aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Taxa fiscal sobre o xogo a través de máquinas de xogo

Taxa fiscal sobre o xogo a través de máquinas de xogo

Ademais do certificado dixital, para o emprego destas aplicacións cómpre ser previamente autorizado pola Consellería de Facenda.
Nesta páxina web está á súa disposición a ficha para a identificación das persoas que, en calidade de usuarios autorizados van acceder á nosa aplicación informática e o modelo de solicitude de autorización para o pagamento e a presentación telemática da taxa fiscal sobre o xogo realizado mediante máquinas de xogo. Cando as persoas autorizadas actúen en representación da empresa operadora deberá aportar a documentación acreditativa da representación. Unha vez cubertos ambos documentos deberán remitirse á Dirección da Axencia Tributaria de Galicia. Poderán ser adiantadas por fax ao número 981-544169.

Ficha para a identificación de usuarios autorizados.

  1. Datos do suxeito pasivo:
  • Denominación social
  • NIF
  • Domicilio
  • Teléfono de contacto
  • Dirección de correo electrónico
  1. Datos dos usuarios autorizados:
    Cómpre que o/s usuario/s sexa/n o/s que figure/n como representante/s no/s certificado/s dixital/is outorgado/s pola Fabrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) á empresa operadora. Para a realización do pagamento cómpre así mesmo, que esta/s persoa/s aparezan como autorizada/s da/s conta/s contra a/s que se van facer os pagamentos.
  • Nome e apelidos
  • NIF
  • Teléfono de contacto
  • Dirección de correo electrónico
  • Sistema operativo co que traballa o usuario.
  1. Datos do responsable de informática:
    Se dispuxeran de algún responsable de informática co que desexen que se traten os problemas desta natureza, deberán indicar os seus seguintes datos:
  • Nome e apelidos
  • NIF
  • Teléfono de contacto
  • Dirección de correo electrónico