Imposto sobre o dano medioambiental augas encoradas
Ademais do certificado dixital, para o emprego destas aplicacións cómpre ser previamente autorizado pola Consellería de Facenda.
Nesta páxina web está á súa disposición a ficha para a identificación das persoas que, en calidade de usuarios autorizados van acceder á nosa aplicación informática e o modelo de solicitude de autorización para o pagamento e a presentación telemática do imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada. Cando as persoas autorizadas actúen en representación da empresa titular do aproveitamento deberá aportar a documentación acreditativa da representación. Unha vez cubertos ambos documentos deberán remitirse á Dirección Xeral de Tributos. Poderán ser adiantadas por fax ao número 981-544169.
Ficha para a identificación de usuarios autorizados.
- Datos do suxeito pasivo:
Denominación social
NIF
Domicilio
Teléfono de contacto
Dirección de correo electrónico - Datos dos usuarios autorizados:
Cómpre que o/s usuario/s sexa/n o/s que figure/n como representante/s no/s certificado/s dixital/is outorgado/s pola Fabrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) á empresa titular do aproveitamento. Para a realización do pagamento cómpre así mesmo, que esta/s persoa/s aparezan como autorizada/s da/s conta/s contra a/s que se van facer os pagamentos.
Nome e apelidos
NIF
Teléfono de contacto
Dirección de correo electrónico
Sistema operativo co que traballa o usuario. - Datos do responsable de informática:
Se dispuxeran de algún responsable de informática co que desexen que se traten os problemas desta natureza, deberán indicar os seus seguintes datos:
Nome e apelidos
NIF
Teléfono de contacto
Dirección de correo electrónico
Documentos asociados
- Ficha para a identificación de usuarios autorizados (Formato RTF)
- Ficha para a identificación de usuarios autorizados (Formato PDF)
- Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento telemático e presentación telemática dos modelos de declaración 010 e de autoliquidación 011 do Imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada. (Formato RTF)
- Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento telemático e presentación telemática dos modelos de declaración 010 e de autoliquidación 011 do Imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada. (Formato PDF)