Descrición das competencias
- A coordinación dos departamentos de Xestión Tributaria das delegacións, outros órganos de xestión e de calquera outra organización que preste servizos propios da Axencia, sen prexuízo das funcións que, de conformidade co disposto no presente decreto, deban entenderse atribuídas a outros órganos ou unidades.
- O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de xestión tributaria no seu ámbito de competencias.
- A elaboración do sistema de información e estatística relativa aos resultados da xestión no seu ámbito de competencias.
- A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.