Descrición das competencias
- Coordinar a elaboración da proposta de contrato plurianual de acción e do informe xeral anual de actividade.
- Supervisar o funcionamento interno da Axencia Tributaria, mediante a inspección das actuacións das unidades centrais, das delegacións e de calquera outra organización que preste servizos propios da Axencia.
- O control da eficacia e eficiencia mediante a análise do grao de obtención dos obxectivos fixados no plan de acción anual, en coordinación coa Comisión de Control.
- Promover a implantación de programas de calidade e avaliar os resultados obtidos.
- A coordinación co centro informático competente, para o desenvolvemento e implementación dos sistemas de análise da información.
- A tramitación e seguimento das queixas e suxestións dos cidadáns dirixidas á Axencia Tributaria de Galicia.
- Controlar a política de seguridade da información e o cumprimento da normativa en materia de protección de datos, así como os accesos ás bases de datos informáticas propias e externas mediante a realización de auditorías periódicas.
- O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar no ámbito das súas competencias.
- A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.
- Velar polo cumprimento da normativa de transparencia.
- Calquera outra función que se lle encomende no ámbito da súa competencia.