Novidades
Sistema de xiro postal para o pagamento de débedas
Sistema de xiro postal para o pagamento de débedas
A Xunta de Galicia habilita, o venres 3 de xuño, o sistema de xiro postal para o pagamento das débedas tributarias. Con esta finalidade, a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) acaba de asinar un convenio de colaboración con Correos para posibilitar a súa utilización.
Deste xeito, a Atriga fai efectiva a ampliación dos medios de pagamento dispoñibles co obxectivo de facilitar o cumprimento dos deberes tributarios a todos os cidadáns, en especial a aqueles que viven nas zonas rurais.
Esta medida reforza e avanza na información e simplifica a asistencia a todos os cidadáns. A implantación desta nova canle de pago mediante o sistema de xiro postal súmase ao TPV virtual ou físico que universalizou a posibilidade de que calquera cidadán puidese pagar os seus tributos cunha tarxeta de crédito o débito.
Os documentos de pagamento que poden ser ingresados mediante xiro postal son os impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITP- AXD); a transmisión de determinados medios de transporte usados; o imposto sobre sucesións e doazóns; as liquidacións notificadas polas Administracións; pagos aprazados o fraccionados; o taxas, prezos e sancións.
O pagamento poderá facerse nas Oficinas de Correos, así como, no ámbito rural, a través dos carteiros rurais por medio de dispositivos PDAs.
Correos cobrará aos seus clientes as tarifas que teña estipuladas para o servizo de xiro (actualmente 1,95 €/xiro). As tarifas ou demais cantidades que poida cobrar aos seus clientes por este servizo non se consideraran importes pagados á Administración.