Skip to Content

Notas de prensa

Miguel Corgos felicita aos economistas no acto de celebración da festividade de San Pablo

Miguel Corgos felicita aos economistas no acto de celebración da festividade de San Pablo

A Coruña, 21 de xuño de 2024.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, felicitou esta tarde aos economistas no acto de celebración da festividade de San Pablo, organizado polo Colexio de Economistas de A Coruña.

Así mesmo, Miguel Corgos aproveitou a súa intervención para trasladar os parabéns aos alumnos que forman parte da promoción deste ano do Máster en Fiscalidad y Tributación que, desde 2007, vén impartindo o colexio. 

Durante o acto, o Colexio de Economistas de A Coruña entregou tamén as insignias aos profesionais que levan 25 anos colexiados, entre os que se atopa o conselleiro.

Miguel Corgos asegurou que a Xunta seguirá comprometida coa estabilidade, a fiabilidade e a previsibilidade, tres elementos que contribúen á boa marcha da economía e á creación de emprego.

Nese camiño, recordou que o Goberno galego xa está a traballar nos orzamentos para o vindeiro ano 2025; unhas contas que impulsarán a vivenda, as infraestruturas sanitarias e a execución dos Fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.