Skip to Content

Notas de prensa

Galicia é a comunidade que paga máis rápido aos seus provedores, 16 días antes que a media

Galicia é a comunidade que paga máis rápido aos seus provedores, 16 días antes que a media

  • O período medio de pago de Galicia no mes de xuño situouse en 11,6 días, máis de 18 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024.- Galicia pechou o mes de xuño como a Comunidade que paga máis rápido aos seus provedores, cun tempo medio de pago de 16 días mellor que a media autonómica, que se situou en 27,6 días, segundo mostran os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda.

A Comunidade galega pechou o mes de xuño como a primeira comunidade que paga máis rápido as súas facturas. Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia en xuño foi de 11,6 días. 

Así mesmo, Galicia tamén se situou máis de 18 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal. 

Por outra banda, Galicia tamén é a Comunidade autónoma con menor porcentaxe de endebedamento comercial, un 0,13%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,31%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 4.879,8 millóns de euros, dos que 104,027 millóns – o 2,13%- corresponden a Galicia.

 

 

Período Medio de Pago – Xuño de 2024 (*CCAA réxime foral)

GALICIA

11,6

 

Madrid

25,3

Murcia

12,9

Navarra*

26,6

Estremadura

13,2

MEDIA CC.AA.

27,6

Cantabria

16,0

A Rioxa

27,8

Aragón

18,2

Castela León

29,0

Andalucía

18,4

Baleares

30,4

Castela-A Mancha

19,4

Cataluña

33,3

País Vasco*

20,0

Asturias

39,1

Canarias

20,01

Valencia

43,3