Galicia pechou o primeiro semestre do ano como a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas
- O período medio de pago de Galicia foi de 10,99 días, 12 días por debaixo da media autonómica
- A débeda comercial foi a terceira máis baixa de España
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2021.- Galicia pechou o primeiro semestre do ano como a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda e Función Pública.
Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 10,99 días, 12,2 días inferior ao da media de comunidades autónomas que foi de 23,19 días. Ademais, tamén se situou case 20 días por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal.
En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio sitúan a Galicia como a terceira comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse ao peche do primeiro semestre no 0,13%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,28%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 3.425 millóns de euros, dos que 82 millóns –o 2,4%- corresponden a Galicia.
Os datos do Ministerio de Hacienda e Función Pública ratifican que a Comunidade Autónoma chega á metade de 2021 sendo a que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
Período Medio de Pago – Xuño de 2021 (*CCAA réxime foral) | ||||
Galicia | 10,99 |
| C.F. Navarra* | 20,82 |
Murcia | 11,60 | C. Valenciana | 21,72 | |
Extremadura | 11,93 | Total CC.AA. | 23,19 | |
Andalucía | 14,98 | Madrid | 23,51 | |
Castilla-La Mancha | 16,51 | Castilla y León | 24,41 | |
Cantabria | 17,81 | Asturias | 27,46 | |
La Rioja | 18,55 | Aragón | 29,37 | |
Canarias | 18,96 | Cataluña | 33,41 | |
País Vasco* | 20,47 | Baleares | 34,95 |