Volver ao contido

Notas de prensa

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors achegan a banca dixital ás persoas maiores

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors achegan a banca dixital ás persoas maiores

  • Ambas entidades colaboran na posta en marcha dun ciclo formativo de 5 sesións que poden seguirse en liña ou de xeito presencial nas aulas da Rede CeMIT
  • A aula de Arzúa acolle mañá a primeira das xornadas, que continuarán ata mediados de outubro

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2024.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS) poñen en marcha unha nova edición do programa formativo para achegar o uso da banca online ás persoas maiores. A primeira das cinco xornadas previstas comeza mañá na aula CeMIT de Arzúa. O ciclo formativo continuará ata mediados de outubro nas de Vilar de Santos, Leiro, A Estrada e Vigo.

Son sesións presenciais, cunha duración de 60 minutos, que se retransmiten tamén  online, co asesoramento dos dinamizadores das aulas CeMIT, e ademais poderán seguirse a través de canalsenior En cada unha delas explicarase de xeito práctico como realizar paso a paso operacións con caixeiros automáticos e trámites online. 

Estes seminarios, especialmente orientados ás persoas maiores con foco na contorna rural, compleméntanse con materiais adicionais como videopílulas, podcasts, infografías co paso a paso dos trámites explicados nas sesións de inspiración e xogos.

Os contidos formativos preséntanse de xeito sinxelo e abranguen as compras online,  como interactuar co banco mediante intelixencia artificial, os dereitos dos usuarios na era da banca dixital, o aluguer de vehículos e outros servizos da banca dixital, como a contratación de seguros ou préstamos a través do móbil. 

Os interesados en participar de xeito presencial poden poñerse en contacto cos responsables das aulas CeMIT nas que se celebra cada seminario ou inscribirse a través do portal da Rede: https://cemit.xunta.gal.

Programación dos seminarios

AULA

DATA

HORARIO

INSCRICIÓN

CEMIT Arzúa

12/09/2024

10:30 a 11:30

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47335

CEMIT Vilar de Santos

24/09/2024

17:00 a 18:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46722

CEMIT Leiro

04/10/2024

10:30 a 11:30

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46827

CEMIT A Estrada

10/10/2024

10:30 a 11:30

(Proximamente)

CEMIT Vigo

14/10/2024

12:00 a 13:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46806