Volver ao contido

Notas de prensa

O conselleiro de Facenda e Administración Pública preside a toma de posesión de  Ángel Tarrío Tobar como director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos 

O conselleiro de Facenda e Administración Pública preside a toma de posesión de  Ángel Tarrío Tobar como director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos 

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2022.- O Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu hoxe a toma de posesión de Ángel Luis Tarrío Tobar como director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos.

Tarrío Tobar é funcionario da Escala Superior de Estatística, do Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia desde 1996, ocupando distintos postos directivos no Instituto Galego de Estatística (IGE), entre eles, o de subdirector xeral de Síntese, Análise e Difusión, así como o de director xeral do IGE.

Ángel Tarrío é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e a súa formación académica inclúe os cursos de doutoramento en Econometría Sectorial. Ata o momento ocupaba o cargo de subdirector de Planificación na Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda e Administración Pública.