Volver ao contido

Notas de prensa

Miguel Corgos pon en valor a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade hai hoxe 15 anos

Miguel Corgos pon en valor a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade hai hoxe 15 anos

A Coruña, 27 de xuño de 2024.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, puxo en valor a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade hai hoxe 15 anos durante o acto conmemorativo da efeméride, celebrado na contorna do Faro.

Miguel Corgos destacou que os bens e lugares que ostentan esta distinción contribúen a facer Galicia aínda máis atractiva como destino turístico e ademais axudan á súa conservación e á súa dinamización.

O proxecto de mellora e conservación do faro romano máis antigo do mundo e o único aínda en servizo e na súa contorna, é un dos 12 BICs nos que a Xunta de Galicia está a investir fondos europeos Next Generation coa intención de dinamizar estes bens e reforzar o seu atractivo turístico. Neste caso conta cunha achega de preto de 1M€.