Volver ao contido

Notas de prensa

Máis de 3.500 empresas utilizan a aplicación tecnolóxica de xestión de residuos da Plataforma galega de información ambiental (GaiA)

Máis de 3.500 empresas utilizan a aplicación tecnolóxica de xestión de residuos da Plataforma galega de información ambiental (GaiA)

  • A plataforma, desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ten máis de 4.700 usuarios de empresas

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2024.- A aplicación eResiduos, que forma parte da Plataforma GaiA de información ambiental de Galicia, está a ser utilizada por más de 3.500 empresas, segundo o último balance da Estratexia Galicia Dixital 2030. O balance destaca a boa evolución dos módulos para a xestión de residuos (eResiduos) e inspeccións (eInspeccións).

A ferramenta integrada en GaiA segue a súa evolución para centralizar a información ambiental en materia de residuos das empresas e serve de axuda para xestionar esta información e cumprir coas obrigas de acordo coa normativa vixente.

Entre outras accións, a aplicación permite rexistrar notificacións previas e traslados de residuos; realizar de forma telemática as notificacións relativas a materiais perigosos; levar o arquivo cronolóxico esixido pola lexislación, ou levar un rexistro de entradas e saídas de produtos e subprodutos.

A Plataforma GaiA concentra a información ambiental de Galicia nun portal web ao servizo da cidadanía, as Administracións e as empresas. Na actualidade, conta con máis de 4.700 persoas usuarias de empresas.