Volver ao contido

Notas de prensa

A Xunta lamenta que o Goberno central deixase pasar o CPFF sen dar información financeira fundamental para as Comunidades

A Xunta lamenta que o Goberno central deixase pasar o CPFF sen dar información financeira fundamental para as Comunidades

  • O encontro remata sen coñecer a entregas a conta do vindeiro exercicio 
  • Galicia abstívose na votación da senda de déficit por responsabilidade, a pesar de ser un reparto desigual entre o Goberno central e as CC.AA.
  • O conselleiro de Facenda lamenta tamén que non se teña avanzado na reforma do sistema de financiamento autonómico 

Madrid, 15 de xullo de 2024.- A Xunta lamenta que o Goberno central deixase pasar o Consejo de Política Fiscal y Financiera sen dar información financeira fundamental para as Comunidades. O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, advertiu que a xuntanza rematou sen acadar ningún dos obxectivos marcados. Deste xeito, non se se deron a coñecer as entregas a conta do vindeiro exercicio polo que, unha vez máis "hai que votar o obxectivo de estabilidade sen coñecelas". 

O Ministerio de Facenda informou de que as Comunidades Autónomas poderán incorrer nun déficit máximo do 0,1 % do PIB en 2025, o que supón dúas décimas de marxe fiscal respecto á anterior senda. Neste marco, a Xunta manifestou que Galicia se abstivo na votación por responsabilidade, para evitar o escenario de superávit, a pesar de ser un reparto desigual entre o Goberno central e as CC.AA. Non obstante, non existe información sobre o resto das variables e sobre a coherencia desta senda coas novas regras fiscais europeas.

Miguel Corgos lamentou que non se teña avanzado tampouco na reforma do sistema de financiamento autonómico e que, aínda máis, o Goberno central pretenda trasladar ás CC.AA. a responsabilidade de acordar un modelo entre elas, cando non está dentro das súas competencias.

Porén, na reunión recoñeceuse que se segue a negociar a condonación da débeda para Cataluña, que o Goberno central pretende facer pasar como vantaxosa para o resto das autonomías. Galicia é unha comunidade cumpridora, que non ten problemas de débeda e que, polo tanto, non pode ser equiparada coas que incumpren.