Volver ao contido

Notas de prensa

A Xunta destina 12,1M€ para que os concellos galegos fomenten a prevención, reutilización e reciclaxe de residuos

A Xunta destina 12,1M€ para que os concellos galegos fomenten a prevención, reutilización e reciclaxe de residuos

A Xunta de Galicia destinará 12,1 millóns de euros para que os concellos galegos fomenten a prevención, reutilización e reciclaxe de residuos e poidan compensar o imposto estatal sobre os depósitos de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (IDIRES) avanzando, deste xeito, na economía circular.

Segundo o acordo aprobado hoxe no Consello -e tal e como se lle expuxo á FEGAMP-, este fondo ambiental está incluído no Fondo de cooperación local e repartirase entre todos os municipios, en función da súa poboación. O seu pagamento efectuarase o vindeiro 30 de xullo.

Galicia, a diferencia doutras comunidades, non contaba con esta carga impositiva ata a creación do IDIRES por parte do Estado, xa que dentro da directiva europea sobre residuos, o establecemento do imposto era unha das posibles medidas recollidas para fomentar a reutilización e a reciclaxe dos residuos. Porén, non era obrigatoria a súa implantación nin era a única opción para acadar os obxectivos perseguidos. 

Se ben o IDIRES é un tributo de carácter indirecto e a súa recadación está cedida ás Comunidades Autónomas, estas non teñen competencia para establecer bonificación ou exencións ao seu pagamento, nin rebaixar os tipos de gravame.