O conselleiro de Facenda e Administración Pública clausura as xornadas sobre fiscalidade organizadas polo Colexio de Economistas da Coruña
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, clausurou hoxe as xornadas sobre fiscalidade organizadas polo Colexio de Economistas da Coruña. Durante a clausura, puxo en valor o esforzo da cidadanía e das empresas para consolidar unha Galicia dinámica economicamente.
Miguel Corgos resaltou o interese destas xornadas, así como o papel dos asesores fiscais, tanto na prevención da fraude fiscal como no fomento dos acordos para achegar seguridade xurídica e económica ás operacións.