Skip to Content

Notas de Prensa

A Xunta publica as datas de exames para 22 procesos selectivos e máis de 1.100 prazas de emprego público

A Xunta publica as datas de exames para 22 procesos selectivos e máis de 1.100 prazas de emprego público

  • O Consello do Goberno galego deu hoxe o visto bo ao calendario de exames

 

O Consello da Xunta deu hoxe o visto bo á publicación do calendario de exames para 22 procesos selectivos e un total de 1.147 prazas de emprego público na Administración galega. Así se desprende do informe sobre procesos selectivos presentado hoxe na reunión polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos.

Destas prazas, 562 son de acceso libre e a elas poden acceder todas aquelas persoas que cumpran cos requisitos establecidos nas respectivas convocatorias. 

A estas hai que engadir 585 prazas para a promoción interna do persoal funcionario, uns procesos reservados a empregados públicos que xa son funcionarios e que poden acadar un ascenso ou promoción profesional a postos de traballo de maior responsabilidade.

O obxectivo é ofrecer a maior información posible para que os aspirantes poidan planificar con antelación a preparación das probas.

Calendario de exames
A continuación detállase o calendario coa previsión de datas para a realización do primeiro exercicio correspondente a 22 oposicións e que se desenvolverán ao longo do vindeiro ano 2024 e tamén de 2025.

ACCESO LIBRE:

 

 

Grupo

Escala

Prazas convocadas

Data 1º exercicio

1

A1

Escala de letrados

10

30 xaneiro

2

A1

Escala superior de estatísticos

6

16 marzo

3

A1

Escala de sistema e tecnoloxía da información

16

16 marzo

4

A1

Escala superior de orientación laboral

6

17 novembro

5

A2

Escala técnica de orientación laboral

131

17 novembro

6

A2

Escala de inspección turística

7

outubro

7

C1

Escala de técnico de condución

20

outubro

8

AP

Especialidade limpeza e cociña

117

16 novembro

9

AP

Especialidade recursos  naturais e forestais

42

16 novembro

10

C1/B

Escala técnica de xestión ambiental

96

outubro

11

C1

Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade capataz

7

outubro

12

C2

Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade oficial

16

decembro

13

C2

Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

15

decembro

14

C1/B

Escala técnica de delineantes

9

xaneiro 2025

15

C1

Escala técnica de mantemento de servizos.

17

xaneiro 2025

16

C1

Escala técnica de análise de laboratorio

12

xaneiro 2025

 

 

TOTAL PRAZAS CONVOCADAS

527

 

 

 

ACCESO LIBRE (DISCAPACIDADE INTELECTUAL):

 

 

Grupo

Escala

Prazas convocadas

Data 1º exercicio

2025

DISCAPACIDADE INTELECTUAL

1

C2

Escala PSX

4

Marzo 2025

2

AP

Especialidade limpeza e cociña

31

Febrero 2025

 

 

TOTAL PRAZAS

35

 

 

 

 

 

 

PROMOCIÓN INTERNA:

 

 

Grupo

Escala

Prazas convocadas

Data 1º exercicio

2024

PROMOCION INTERNA SEPARADA

1

A1

Corpo Superior da administración xeral

30

14 Dic

2

A2

Corpo de Xestión da administración xeral

185

14 Dic

3

C1

Corpo Administrativo da administración xeral

240

14 Dic

4

C2

Corpo Auxiliar administrativo da administración xeral

130

14 Dic

 

 

TOTAL PRAZAS

585