Volver ao contido

Notas de Prensa

A Xunta amplía a súa infraestrutura tecnolóxica para garantir a dispoñibilidade e o incremento dos servizos dixitais

A Xunta amplía a súa infraestrutura tecnolóxica para garantir a dispoñibilidade e o incremento dos servizos dixitais

  • O Consello do Goberno galego aprobou hoxe un acordo marco que permitirá adquirir novos servidores para os centros de procesos de datos da Administración
  • O contrato, cun valor estimado de 33,3M€, está destinado á compra tanto de servidores tradicionais como de nova xeración, que permitirán incrementar a eficiencia e os tempos de resposta na xestión dos servizos dixitais
  • A renovación deste equipamento é un proceso crucial para evitar a obsolescencia tecnolóxica, fortalecer a seguridade e a dispoñibilidade do servizos


Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2024.- O Consello do Goberno galego aprobou hoxe un acordo marco para ampliar o parque de servidores dos seus Centros de Proceso de Datos. O contrato permitirá adquirir, tanto servidores tradicionais como servidores de nova xeración, que posibilitan o uso de diferentes solucións tecnolóxicas, o que mellora a eficiencia e os tempos de resposta deste equipamento, que dá soporte aos sistemas, servizos e aplicacións de toda a Administración autonómica, tanto a nivel interno para o traballo diario dos empregados públicos da administración, xeral, xustiza e educación, como para todos os galegos e galegas.

O acordo, cun valor estimado de 33,3 millóns de euros (IVE incluído) por dous anos, está dividido en catro lotes e establece un único provedor por lote. A compra de servidores de nova xeración que empregan tecnoloxía de hiperconverxencia permitirá unha mellor xestión dos recursos e unha maior capacidade de crecemento en función das necesidades e tamén un aforro de custos de mantemento a longo prazo. O contrato inclúe, tamén, a adquisición doutro equipamento avanzado (GPUs) que reforzará a capacidade de computación da Administración autonómica para impulsar iniciativas de intelixencia artificial.

Con este acordo marco, a Xunta fortalecerá a infraestrutura existente, asegurando un crecemento eficiente e efectivo para satisfacer as necesidades presentes e futuras. Esta medida é parte dunha estratexia a longo prazo para investir en tecnoloxía avanzada que apoie o crecemento e a innovación dentro da Administración autonómica.

Está previsto que os dous primeiros contratos derivados deste acordo marco se tramiten este ano, un destinado á adquisición de servidores para a plataforma de Correo Electrónico corporativo e outro para a compra de novos servidores para servizos tecnolóxicos de diferentes departamentos da Xunta de Galicia. 

Infraestruturas chaves para a prestación dos servizos dixitais
A renovación dos servidores fortalecerá a seguridade e a dispoñibilidade do servizos, reducindo o posibles problemas operativos. Este proceso é crucial para evitar a obsolescencia tecnolóxica e manter a infraestrutura ao día con estándares de seguridade e rendemento.

Este equipamento é clave para o desenvolvemento das iniciativas de dixitalización de  todas ás áreas da Administración autonómica, desde os relativos á administración dixital como a sede electrónica, que rexistra xa preto do 87% das xestións que realizan os galego coa administración; ao ámbito xudicial, no que o 100% das salas de vistas estás dixitalizadas e se asinan diariamente máis de 27.000 documentos; ou o no eido educativo, garantido a dispoñibilidade do libro dixital para máis de 60.000 rapaces e rapazas e máis de 900 profesores; o eido do benestar, no que a Historia Social Única Electrónica facilita o labor de 900 profesionais; ou no ámbito dos sectores primarios coa dixitalización das lonxas, a plataforma agroforestal de Galicia ou no eido da mobilidade co Plan e-mobility