Volver ao contido

Notas de Prensa

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa UNICO para a mellora da conectividade en polígonos

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa UNICO para a mellora da conectividade en polígonos

  • O DOG publica hoxe a orde que permitirá a Pemes e micropemes situadas en polígonos ou áreas loxísticas acceder a unha subvención de ata o 80% para conexións de 1Gbps 
  • Os requisitos destas axudas están predefinidos polo Goberno do Estado

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024.- A  Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a liña de axudas do programa estatal UNICO para mellorar a  conectividade en polígonos empresariais. Desde mañá e ata o 16 de setembro Pemes e micropemes situadas en polígonos, centros loxísticos ou áreas de alta concentración empresarial poderán solicitar esta subvención para dispoñer de conexións de 1Gbps.

As empresas poderán subvencionar ata o 80% do custo do proxecto, cun importe máximo de 60.000 euros por solicitude. O orzamento destinado a esta convocatoria é de 4,5 millóns de euros. 

Está é a segunda convocatoria desta liña de axudas que se lanza en Galicia. Na primeira realizáronse 132 actuacións, superando o obxectivo inicial de 77, grazas ás medidas impulsadas anteriormente pola Xunta, que xa dotaran de conexión á fibra ao 93% da superficie empresarial. 

Nos vindeiros días está previsto que se publiquen as axudas destinadas á mellora da conectividade en edificios, que contemplan subvencións de ata o 100% dos investimentos cun máximo de 23.800€, de 21.000€ ou de 16.000€ en función do alcance da instalación. 

Ademais, Galicia abriu o pasado 28 de xuño a segunda convocatoria de bonos dixitais para facilitar a familias ou persoas vulnerables a contratación ou o mantemento de servizos de banda longa cunha velocidade mínima de 30Mbps. 

Convocatorias 2024
Con estas novas convocatorias a Xunta busca incrementar o numero de beneficiarios das convocatorias de 2022 e 2023. Estas axudas enmárcase no Programa ÚNICO, cuxos requisitos foron definidos de xeito unilateral polo Goberno central.