Saltar al contenido

Notas de prensa

Galicia paga aos seus provedores 17 días antes que a media das comunidades autónomas

Galicia paga aos seus provedores 17 días antes que a media das comunidades autónomas

  • O período medio de pago de Galicia no mes de maio situouse en 13,69 días, máis de 16 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal

 

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2024.- Galicia pechou o mes de maio como a segunda Comunidade que paga máis rápido aos seus provedores, cun tempo medio de pago 17,03 días mellor que a media autonómica, que se situou en 30,72 días, segundo mostran os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública.

A Comunidade galega pechou o mes de maio como a segunda comunidade que paga máis rápido as súas facturas, so por debaixo de Estremadura. Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia en marzo foi de 13,69 días. 

Así mesmo, Galicia tamén se situou máis de 16 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal. 
  
Por outra banda, Galicia tamén é a Comunidade autónoma con menor porcentaxe de endebedamento comercial, un 0,11%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,31%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 4.821 millóns de euros, dos que só 89,6 millóns – o 1,8%- corresponden a Galicia.

 

Período Medio de Pago – Maio de 2024 (*CCAA réxime foral)

Estremadura

11,04

 

Castilla-León

27,00

GALICIA

13,69

Navarra*

27,66

Cantabria

15,51

La Rioja

27,82

Aragón

16,45

MEDIA CC.AA.

30,72

Andalucía

16,51

Cataluña

32,85

Castilla-La Mancha

19,24

Baleares

34,89

Canarias

20,58

Asturias

35,86

País Vasco*

20,94

Valencia

44,44

Madrid

24,63

Murcia

80,63