Saltar al contenido

Notas de prensa

A Xunta reverte ao Concello de Ourense os terreos do Centro de Interpretación dos parques naturais de Galicia

A Xunta reverte ao Concello de Ourense os terreos do Centro de Interpretación dos parques naturais de Galicia

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2024.-  A Xunta,  a través da Consellería de Facenda e Administración Pública, acaba de asinar a entrega por reversión dunhas parcelas sitas na proximidade do río Miño ao Concello de Ourense, tal e como reclamaba a administración local. 

Previamente, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como consellería que dispoñía da adscrición destes bens, informou favorablemente sobre esta solicitude.
 
Así pois, a raíz deste trámite, o Concello de Ourense volve ter a propiedade deses terreos.