Presentación da Área de Intervención Xeral
A Área de Intervención Xeral é o órgano ao que corresponde afectuar o control interno da actividade económico-financeira da Comunidade, dos seus organismo autónomos e entes públicos e das sociedades públicas, sen prexuizo das competencias do Consello de Contas de Galicia e, se é o caso, do Tribunal de Contas.
As súas competencias están relacionadas con:
- Levar a cabo o control a actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma mediante o exercicio da función interventora e do control financeiro.
- Dirixir e xestionar a contabilidade pública.
- Xestionar a información económico-financeira.
- Formular informes e propostas de actuación derivadas das súas funcións contables e de control.
- Aquelas outras funcións que lle asigna a Lei e demais normativa.