Función Pública
Servizo de Réxime Xurídico e Recursos
Descrición das competencias
- O estudo e preparación de propostas de resolución de recursos en materia de persoal dentro das competencias da Dirección Xeral da Función Pública.
- A colaboración na preparación de anteproxectos normativos relativos á Función Pública.
- A preparación das propostas de imposición da sanción de separación do servizo ou despedimento do persoal xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública para a súa elevación ao Consello da Xunta.
- O asesoramento e a emisión de informes en materia de función pública.
- A tramitación de reclamacións previas á vía xurisdicional, dentro da competencia da Dirección Xeral da Función Pública.
- Remisión aos xulgados, tribunais e gabinetes territoriais dos expedientes e documentación solicitada na vía xurisdicional dentro das competencias da Dirección Xeral da Función Pública.
Ramón
Aguirre Seoane
Xefe/a do servizo
881 99 54 63