Volver ao contido

Orzamentos

A Xunta de Galicia executou en 2011 case un 60% máis do crédito inicial do Fondo de Compensación Interterritorial (FCI)

A Xunta de Galicia executou en 2011 case un 60% máis do crédito inicial do Fondo de Compensación Interterritorial (FCI)

O actual Goberno está a aproveitar remanentes non executados polo anterior Executivo bipartito

O importe executado pola Xunta de Galicia do Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) o ano pasado ascendeu a 158,5 millóns de euros, un 59% máis do crédito inicial, que eran 99,6 millóns de euros.

Este incremento foi posible porque o actual Goberno galego está a aproveitar os remanentes non executados polo anterior Executivo bipartito que proveñen do exercicio 2008 e que suman 198,7 millóns de euros.
O Goberno autonómico non só executou FCI por riba do inicialmente orzamentado o pasado ano, senón que tamén o fixo tanto no exercicio de 2009 como no de 2010, co que conseguiu diminuír o remanente deixado sen executar polo anterior Executivo.
Desta forma, a xestión da Xunta permitiu certificar gasto en FCI polo importe orzamentado que lle correspondía cada ano e, ademais, rebaixar no que vai de lexislatura en 80 millóns de euros o remanente sen executar do ano 2008, que ascendía a case 200 millóns de euros.