Volver ao contido

Orzamentos

A Xunta amosa a súa satisfacción pola decisión do Goberno de adiar as liquidacións negativas

A Xunta amosa a súa satisfacción pola decisión do Goberno de adiar as liquidacións negativas

A conselleira de Facenda lembra que foi Galicia a que liderou a petición de poder devolvelas en dez anos en lugar de cinco

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, amosou hoxe a enorme satisfacción do Goberno galego pola decisión do Executivo central de adiar as liquidacións negativas dos anos 2008 e 2009.

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, amosou hoxe a enorme satisfacción do Goberno galego pola decisión do Executivo central de adiar as liquidacións negativas dos anos 2008 e 2009.

Elena Muñoz lembrou que foi o Goberno galego o que liderou esta petición de poder devolver estas liquidacións negativas en 10 anos en lugar de en cinco.

Así, a titular de Facenda referiuse a que a Xunta de Galicia solicitou en reiteradas ocasión no Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) este aprazamento e foi sumando apoios ata conseguir practicamente a suma de todas as autonomías.

Non obstante, indicou que, a pesar de petición continuada e argumentada, que permitiría ás autonomías dispor dunha maior liquidez para atender as súas obrigas, o Executivo galego atopouse unha e outra vez coa negativa do anterior Goberno socialista.

Por iso, Elena Muñoz celebrou que, cando non leva transcorrido nin un mes da toma de posesión do novo Executivo do PP, este atende esta petición, que axudará a todas as comunidades autónomas no financiamento dos servizos básicos.