Volver ao contido

Comisión do Xogo de Galicia

Comisión de Xogo de Galicia é un órgano de estudo, coordinación e asesoramento das actividades relacionadas coa práctica de xogos e apostas no territorio da Comunidade Autónoma.

Correspóndelle a ela informar naquelas materias relacionadas coas actividades reguladas na Lei 14/85, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas de Galicia, que sexan competencia do Consello da Xunta de Galicia, e naquelas outras nas que esté ou nas que a Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza lle solicite.
 

Competencias

  • Informe preceptivo non vinculante sobre os asuntos seguintes:
    • Disposicións de carácter xeral que se teñan que ditar en desenvolvemento desta Lei e do Catálogo de Xogos.
    • Medidas de planificación do xogo en Galicia.
    • Propostas de altas e baixas e modificacións no Catálogo do Xogo en Galicia.
  • Evacuar calquera outro informe ou consulta que lle sexa solicitado.

Membros da comisión

  • Presidente/a: o/a titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  • Vicepresidente/a: o/a titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
  • Secretaría da comisión: o/a titular da Subdirección Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos.
  • Vogais:
    • Un/unha representante por cada unha das consellerías con competencia en materia de:
      • Economía e Facenda:o/a titular da Dirección Xeral de Tributos
      • Traballo: o/a titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais
      • Industria: o/a titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo
      • Xuventude: o/a titular da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
      • Deportes: o/a titular da Dirección Xeral para o Deporte
    • Un representante de cada un dos sectores de:
      • Casinos
      • Bingos
      • Máquinas de xogo