Volver ao contido

Acto de lanzamento do Programa FSE+ Galicia 2021-2027

O Programa FSE+ Galicia 2021-2027, que acadará un investimento rexional de 738,4 millóns de euros en custo total, cunha axuda comunitaria de 448,6 millóns de euros, ten como obxectivo lograr altos niveis de emprego, unha protección social xusta e unha forza laboral cualificada e resiliente, así como sociedades inclusivas e cohesionadas orientadas a erradicar a pobreza.

 

O acto de lanzamento do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, que se inclúe dentro das medidas de información e comunicación dirixidas ao público, é unha actividade informativa na que se presenta e da publicidade ao Programa.

 

Ao acto, que tivo lugar o 14 de marzo de 2023 no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela, asistiron os socios do partenariado do Programa, entre os que se atopan os representantes das administracións europea, nacional, rexional e local, os axentes económicos e sociais e os representantes da sociedade civil galega. Tamén o mesmo día e a continuación do acto, tivo lugar a constitución do Comité de Seguimento do Programa.

 

 

Union Europea

 

  • Pulsa
  • Pulsa