Skip to Content

Interreg POCTEP

A Comisión Europea aprobou, na súa Decisión do 22 de agosto de 2022, o Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, o maior programa de cooperación transfronteiriza da Unión Europea (UE), cunha dotación financeira FEDER de máis de 320 millóns de euros. O dito programa fora presentado pola Autoridade de Xestión do POCTEP con data do 31 de marzo de 2022, tras varios meses de intensos traballos por parte  dos Estados membros do POCTEP, en mutua colaboración e consenso e seguindo as indicacións da Comisión Europea.

 

Neste contexto foi constituído, o 16 de xullo de 2020, un grupo de traballo formado polas actuais autoridades nacionais e rexionais do Programa, e a Secretaría Conxunta do POCTEP 2014-2020 en colaboración coa Comisión Europea, co obxectivo de elaborar un programa de cooperación transfronteiriza conxunto, no que se estableceron as prioridades comúns e as liñas de actuación acordes coa normativa comunitaria no novo período de programación.

 

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, adscrita á Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, é a unidade de coordinación na Xunta de Galicia no dito programa. Como tal, esta dirección xeral é responsable das función atribuídas pola Dirección Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda e Función Pública, en calidade de autoridade de xestión do programa.

 

 

 

Union Europea