Avaliacións do PO FEDER Galicia 2014-2020 durante o período de programación
Durante o período de programación as autoridades de xestión deberán realizar avaliacións de cada programa, en especial para estimar a súa eficacia, eficiencia e impacto, de acordo co plan de avaliación establecido, debendo avaliarse, como mínimo unha vez, o xeito en que os Fondos do Marco Estratéxico Común contribuíron aos obxectivos de cada prioridade, en concordancia co establecido no Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013.
De fronte ao período 2014-2020 a Comisión Europea impulsa a actividade de avaliación a nivel rexional, nacional e comunitario, especialmente para coñecer o impacto da Política de Cohesión sobre o benestar económico, social e medioambiental dos cidadáns.
Os artigos 47 a 57 e o artigo 114 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, de Disposicións Comúns aos Fondos EIE, establecen unha serie de disposicións sobre seguimento, evolución estratéxica e avaliación dos programas. Os tipos de avaliación a realizar no período 2014-2020 son: avaliación ex ante, avaliacións ao longo do período de programación e avaliación ex post.
As avaliacións serán levadas a cabo por expertos, internos ou externos, funcionalmente independentes das autoridades responsables da execución dos programas.Todas as avaliacións poñeranse a disposición do público.
No caso do PO FEDER Galicia 2014-2020, a Xunta de Galicia e a Autoridade de xestión do PO decidiron como mínimo realizar dúas avaliacións intermedias, nos anos 2017 e 2019.
Todas as avaliacións deberán ser examinadas polo Comité de Seguimento do PO e enviadas á Comisión. Por iniciativa propia, a Comisión poderá facer avaliacións dos programas.
O Plan de Avaliación do PO FEDER Galicia 2014-2020 está integrado por dous partes: unha parte xeral, que é común a todos os programas do FEDER de España e que se recolle no "Plan de Avaliación dos POs FEDER 2014-2020. Elementos comúns", e unha parte específica do propio PO, que se recolle no "Plan de Avaliación específico do PO FEDER Galicia 2014-2020".
► Portal web das avaliacións do FEDER 2014-2020 en España
(MINHAC)
Documentos asociados
- Guía para a realización da avaliación 2019 dos Obxectivos / Resultados dos POs FEDER (febreiro de 2019)
- Guía de recomendacións para incorporar o enfoque de xénero nos Plans de Avaliación, TDR e Informes de Avaliación 2014-2020. Grupo de Traballo de Seguimento e Avaliación con enfoque de xénero 2014-2020 (marzo 2017)
- Avaliación ex ante sobre os II FF baseados en Fondos EIE de 2014-2020. Resumo Executivo. (IGAPE, 2016). PO FEDER Galicia 2014-2020
- Orientacións para o seguimento ambiental dos POs FEDER 2014-2020 (decembro 2016)
- Guía para a elaboración da avaliación dos Obxectivos / Resultados dos PO FEDER para o Informe anual a remitir en 2017
- Informe para a execución dos instrumentos financeiros do Programa Operativo FEDER 2014-2020 de Galicia (Avaliación ex-ante)
- Plan de Avaliación específico do PO FEDER Galicia 2014-2020 (23.05.2018)
- Plan de Avaliación dos POs FEDER 2014-2020. Elementos comúns. (Versión 14) (01.06.2018)