Compra de inmoble en Ponteareas para oficina de emprego
Obxecto
Compra dun local comercial en planta baixa con nivel de solo rematado á mesma cota da rúa. Caberá a posibilidade de ofertar conxuntamente unha planta baixa e unha primeira planta ou entreplanta sempre que estean comunicadas interiormente. O acceso deberá ser directo dende a vía pública. Núcleo urbano do concello de Ponteareas (Pontevedra). Superficie mínima de 400 m2 construídos e máxima de 600 m2 construídos.
Data e lugar de apertura de ofertas económicas
29 de novembro de 2018, 11,15 horas, sala de xuntas do edificio Pastoriza 8 de Santiago de Compostela.
Lugar de presentación
Rexistro único da Xunta de Galicia ou calquera dos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro
Publicacións
DOG
Medios onde se publicou
DOG do día 16 de outubro de 2018 e diario Faro de Vigo
Adxudicacións
Resolución da Consellería de Facenda do 13 de decembro de 2018 pola que se acorda declarar deserto o concurso para a compra dun inmoble no concello de Ponteareas para oficina de emprego solicitado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria
Obxecto
Adxudicación do concurso público
Licitador
Benedicta Lago Araujo
Adxudicatario
Deserto ao non cumprir a oferta os requisitos mínimos esixidos polo prego de condicións